Verán Verán nº4 | 05-08-2022

Hoxe no #VeránVerán2022 recibimos a Silvia Aguete, porteira do Marín Futsal, que foi clave na vitoria de España na Eurocopa do pasado mes de xuño. Tamén coñecemos o proxecto do barco dragón impulsado pola Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra e Adicam (Asociación de Diagnosticad@as de Cancro de Mama). Está tripulado por mulleres que teñen ou tiveron cancro de mama. Javier Lago tamén visita o programa, na compaña do pequeno bailarín Alejandro Pérez. Os dous comparten coreografía no último videoclip do cantante pontevedrés.
Estaremos na Feira Celta de Porto do Son, nas Festas de Pontearnelas e aprendendo a facer paddle surf na praia de Silgar, en Sanxenxo. Na sección #PlanetaRíasBaixas descubrimos o rico patrimonio industrial da Illa de Arousa. Giulia Bianco amósanos o seu talento dende o noso set musical.


Deixar unha resposta