Verán Verán nº3 | 29-07-2022

Esta semana no #VeránVerán2022 gozaremos da Festa do Albariño de Cambados, coñecendo os detalles da súa 70 edición co presidente da D.O. Rías Baixas. Tamén falaremos con Carlos Callón do seu último libro e afondaremos na historia das telleiras de Vilalonga, no Concello de Sanxenxo, grazas a un documental no que está a participar a veciñanza da zona. Na sección #PlanetaRíasBaixas descubrimos o Museo do Mar de Noia.
👉🏾 Tamén estaremos na Festa da Xouba de Rianxo e na Copa do Mundo de Tríatlon, que acaba de celebrarse en Pontevedra. ‘As Lembranzas’ póñenlle ritmo ao programa dende o noso set musical.


Deixar unha resposta