De festa en festa – Festa do Mar – Poio (2022)
Programa 10 da 10ª tempada
Read more »Programa 9 da 10ª tempada
Read more »Esta semana no #VeránVerán2022 recibimos á comunicadora Rocío Barrio. Tamén falaremos con Rubén Riós sobre o seu documental ‘Outros Camiños’. Ademais estaremos co director do Museo de Pontevedra e na sección #PlanetaRíasBaixas visitaremos o Mosteiro da Armenteira, en Meis. 👉🏾 Tamén estaremos na Festa do Demo de Pontevedra ou nos espectáculos do Festiclown de Vilagarcía. Cacabelos no noso set musical.
Read more »Estaremos na Festa do Pan de Ribadumia ou nos concertos dos Xoves de Códax. Na sección #PlanetaRíasBaixas visitaremos o muíño de mareas da Seca, en Cambados. Maina Materia vainos acompañar dende o noso set musical e recibiremos á cantante Sheila Patricia, falaremos coa sexóloga e psicóloga Raquel Graña e, ademais, da man de Adelina Padín, descubriremos A Horta de Adelina.
Read more »Recibimos á actriz Beatriz Serén, que está arrasando na serie ‘Saudade de ti’. Coñeceremos ás colareiras do TikTok: as mecas Patri e Veva. Ademais, charlaremos con Carmen Salinero, directora da Estación Fitopatoloxica do Areeiro. Estaremos nas Festas do Verán de Ribeira, na Festa do Mexillón de Rianxo e no Albariño de Cambados. Na sección #PlanetaRíasBaixas, a illa de Tambo, e cos vilagarciáns TNT Band no noso set musical!
Read more »Recibimos a Silvia Aguete, porteira da Selección na Eurocopa de futsal. Tamén coñecemos o proxecto do barco dragón impulsado pola Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra e Adicam . Está tripulado por mulleres que teñen ou tiveron cancro de mama. Javier Lago tamén visita o programa, na compaña do pequeno bailarín Alejandro Pérez. Estaremos na Feira Celta de Porto do Son, nas Festas de Pontearnelas e aprendendo a facer paddle surf na praia de Silgar, en Sanxenxo. Na sección #PlanetaRíasBaixas descubrimos o rico patrimonio industrial da Illa de Arousa. Giulia Bianco amósanos o seu talento dende o noso set musical.
Read more »Esta semana veremos como se prepara a Festa do Albariño de Cambados. Tamén falaremos con Carlos Callón do seu último libro. Descubrimos o Museo do Mar de Noia.
Estaremos na Festa da Xouba de Rianxo e na Copa do Mundo de Tríatlon en Pontevedra. ‘As Lembranzas’ póñenlle ritmo ao programa dende o noso set musical.