Verán Verán 2021 nº8 | 03-09-2021

8º programa Verán Verán deste 2021.
A actriz Marta Doviro achégase esta semana ao ‘Verán verán’ para falarnos da súa nova faceta como monologuista. Ademais, charlamos con Violeta Mosquera, de BALA, e co presidente de AGAN+ descubrimos os cruceiros costeiros polas rías galegas. Estaremos na Festa da Anguía e Mostra da Caña do País de Valga, na Feira da Conserva de Vilanova e tamén no Concello de Barro, ata onde fomos investigar como se vive o verán no espectacular parque da Barosa. Grupo Azabache no apartado musical.

Dende Sanxenxo, o espazo ofrece unha refrescante combinación de entrevistas, reportaxes e actuacións musicais.
O programa pode verse tamén en Telemiño, Televigo, Canle Ribeira Sacra e Televisión Ferrol.


Deixar unha resposta