Verán Verán 2021 nº3 | 30-07-2021

3º programa Verán Verán deste 2021.
Nelson Quinteiro visita o ‘Verán Verán’ para presentarnos FALA-ME, o seu novo espectáculo que está a piques de estrearse. Pola súa banda, Ramón Guinarte, do Instituto de Neurociencia, amósanos o seu método para evitar as faltas de ortografía. Tamén afondamos no traballo que desenvolve Xoga Galicia e charlamos con Valeria Vegas, autora das memorias de Cristina ‘La Veneno’. Soul&Roll encargaranse de meterlle ritmo ao programa participando no seu apartado musical.

Dende Sanxenxo, o espazo ofrece unha refrescante combinación de entrevistas, reportaxes e actuacións musicais.
O programa pode verse tamén en Telemiño, Televigo, Canle Ribeira Sacra e Televisión Ferrol.


Deixar unha resposta