Verán Verán 2021 nº10 | 17-09-2021

10º programa Verán Verán deste 2021.
No programa desta samana marchamos ata o fermoso Pazo de Quintáns, situado na parroquia de Noalla, en Sanxenxo. Alí recibiranos o alcalde da localidade, Telmo Martín, para facer balance da campaña turística deste verán e analizar como se presenta o arranque do curso político. Teremos tempo para coñecer as derradeiras propostas de lecer deste verán e tamén para facer un repaso polos mellores momentos que nos deixou este 2021 no noso set musical.

Dende Sanxenxo, o espazo ofrece unha refrescante combinación de entrevistas, reportaxes e actuacións musicais.
O programa pode verse tamén en Telemiño, Televigo, Canle Ribeira Sacra e Televisión Ferrol.


Deixar unha resposta