Verán Verán nº06 | 2025

No programa desta semana vannos visitar o comunicador Pepe Capelán e a ilustradora pontevedra Paula Cheshire, que está a piques de publicar nos Estados Unidos o seu libro ‘El duelo’. Tamén imos falar de campás, un elemento que forma parte parte da nosa paisaxe e da nosa identidade. Coa Asociación de Campaneiros de Galicia afondaremos no toque manual de campás que aínda pervive en todo o país. No capítulo de festas, esta semana temos de todo un pouco: estaremos na Festa da Auga de Vilagarcía, no Carme dos Pincheiros da Pobra, na Feira do Cabalo de Meis ou no Festaclown.
YouTube player

Deixa unha resposta