Verán Verán nº04 | 2025

No #VeránVerán2025 desta semana imos festexar o 45 aniversario da Escola de Acordeóns de Campelo, en Poio. Tamén recibiremos ás pregoeiras das Festas da Peregrina de Pontevedra: as xornalistas Susana Pedreira e Diana López que, de forma conxunta, organizan na cidade dende hai oito anos o foro ‘As mulleres que opinan son perigosas’. Ademais, conversaremos co escritor Sindo Lago, un home que escribe -di- porque o precisa para estar no mundo, comprender e asimilar. Na parte festeira, estaremos na Festa do Mexillón de Rianxo, na Festa do Albariño de Cambados, nas Festas do Verán de Ribeira ou na Vikinga de Catoira.
YouTube player

Deixa unha resposta