Verán Verán nº03 | 2025

No #VeránVerán2025 desta semana imos coñecer en detalle dúas xoias da nosa contorna: o pazo de Fefiñáns de Cambados e o Museo de Pontevedra. Tamén conversaremos coa escritora Andrea Fernández Plata, responsable dun interesante espazo creativo na Illa de Arousa. Ademais, na última parte do programa imos cociñar, porque non hai tempada do Verán Verán sen o seu correspondente showcooking. No apartado festeiro, estaremos na Feira Celta de Porto do Son, na Festa dos Muiños de Meaño, no Carneiro ao Espeto de Moraña ou na Festa da Xouba de Rianxo.
YouTube player

Deixa unha resposta