Orixe e Calidade 01-02-2018

Os viticultores apuran os labores no viñedo antes de que aparezan os primeiros signos da brotación. Unha destas tarefas é a substitución dos vellos arames, que permite tamén facer axustes nas configuracións dos viñedos máis vellos. Ademais, a Denominación de Orixe Rías Baixas continúa a recibir boas novas, e o 2017 confírmase como un ano excelente para os caldos desta DO. Non en van, rexistrou un incremento de máis do 9% de viños cualificados. O que se traduce en case 25 millóns de litros e máis de 33 millóns de contraetiquetas.

Programa emitido o 01-02-2018

YouTube player

Deixar unha resposta