inforMAR 26-10-2017

Esta semana en inforMAR falaremos do protocolo de colaboración entre as Consellerías do Mar e Medio Rural para minimizar o risco de vertidos procedentes dos montes queimados. Falaremos tamén cos mariscadores arousáns, moi descontentos coa evolución da campaña de libre marisqueo e abordaremos as negociacións entre a dirección de Calvo e os traballadores de Esteiro sobre as novas condicións laborais tralo inminente peche da planta. O Brexit tamén ocupará parte do noso espazo desta semana trala firma dun tratado conxunto de máis de sesenta rexións pesqueiras para defender os intereses da flota comunitaria.

YouTube player

Comments are closed.