InforMAR 16-08-2018

No InforMAR desta semana falarémoslles da operación Atunali desenvolvida pola Garda Civil que permitiu rematar cunha trama ilegal de comercialización de atún conxelado, que estaba destinado á conserva, coma fresco. Tamén acompañaremos á conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita a praia de Barraña, en Boiro, a onde acudiu a presentar a nova campaña que pretende concienciar sobre a importancia do marisqueo e os prexuízos que causa o denominado ‘furtivismo de bañador’.


Comments are closed.