II Eles – Mostra Moda Home

O Hotel Pazo dos Escudos acolleu a segunda edición de ‘Eles Mostra Moda Home’. A cita, que se celebrou por primeira vez en xullo do ano pasado en Málaga baixo o nome de ‘Ellos Muestra Moda Masculina’, ten por obxectivo promocionar o sector da moda masculina en España.

Desta volta celebrouse en Vigo para recoñecer o papel referente que Galicia xoga na moda masculina dende os seus inicios nos anos 80.

Na pasarela puidéronse ver coleccións da firma de traxes de baño Breva, as propostas máis urbanas das firmas Bolido, Lusan e Levorato e o luxo sustentable da firma parisina instalada na Costa do Sol, JK Beauty Beldi.

A industria galega estivo representada da man de marcas como Ciudad Vikinga, Reizentolo, ETIEM ou Esteban Freiría.

A proposta de ‘Eles Mostra Moda Home’ conseguiu unha gran acollida entre o público. Todo un éxito.

Deixar unha resposta