Orixe e Calidade 26-10-2017

No programa desta semana, repasaremos o contido do informe de The Nielsen Company, que aborda a situación do mercado español para os viños de Rías Baixas. Tamén coñeceremos un avance do balance que fan dende o Consello Regulador da vendima deste ano. Con 39 millóns de quilos de uva recollida, xa se ten convertido na segunda máis abondosa da historia da DO. Xa en Cambados, coñeceremos as propostas que trae o mes de novembro grazas á colaboración co Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia e a Ruta do Viño Rías Baixas.


Deixar unha resposta