Orixe e Calidade 19-04-2018

Programa emitido o 19-04-2018
Esta semana falamos de inxertos, unha práctica tradicional da agricultura pero que, a pesares da súa utilidade, foi quedando relegada no traballo de campo do viñedo. Tamén daremos conta dos datos de exportación que presentou o Consello Regulador da DO Rías Baixas esta semana. Un resumo: no 2017 as 102 adegas que venden no exterior facturaron máis de 36 millóns de euros, un 8% máis que no 2016. Ademais, recolleremos os diferentes puntos de vista sobre a decisión do pleno do Consello Regulador de pechar as casetas da Festa do Albariño 2018 ás 00.30.


Deixar unha resposta