Verán Verán nº05 | 2026

No programa desta semana falaremos co cantante Javi Maneiro, exvocalista de Heredeiros da Crus, que ten en marcha o seu novo proxecto en solitario. Tamén coñeceremos as propostas que nos ofrecen dende Karting Racing Dakart, un espazo cheo de diversión para toda a familia. E coas nosas amigas de Plántate, con Ángela e Esperanza, afondaremos en trucos para coidar as nosas plantas durante o verán. O capítulo festeiro vén esta semana moi gastronómico. Estaremos na Festa do Polbo do Porto do Son, na do Pan de Ribadumia, no Mexillón e Berberecho de Vilanova ou na da Ostra de Noalla.
YouTube player

Deixa unha resposta