Verán Verán 2021 nº6 | 20-08-2021

6º programa Verán Verán deste 2021.
No programa desta semana recibimos ao cantante Ángel Sevilla, que vén presentarnos o seu novo disco. Tamén viaxaremos ata Rusia sen saír do Concello de Sanxenxo. Con Pedro Mouriño, Cónsul Honorario ruso en Galicia, imos descubrir os vínculos que unen a nosa comunidade con aquel país. Ademais, falaremos de iniciativas a prol do galego con Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e estaremos na homenaxe aos medallistas olímpicos galegos que acaban de volver de Toquio. Grupo Puzzle no apartado musical.

Dende Sanxenxo, o espazo ofrece unha refrescante combinación de entrevistas, reportaxes e actuacións musicais.
O programa pode verse tamén en Telemiño, Televigo, Canle Ribeira Sacra e Televisión Ferrol.


Deixar unha resposta