Verán Verán 2021 nº5 | 12-08-2021

5º programa Verán Verán deste 2021.
No programa desta semana viaxamos no tempo e descubrimos a historia da Illa de Arousa, da man de Fernando Salgado Varela e Juan Luciano Otero Besada, autores do libro ‘Papel de estraza’. Ademais, recibiremos a Meiga-i, a primeira drag pandereteira galega, falaremos de viño e enoturismo cos amigos de Bodegas Martín Códax e charlaremos un anaco con Pili Pampin e Ortiga. Macarena Tejada acompáñanos no apartado musical.

Dende Sanxenxo, o espazo ofrece unha refrescante combinación de entrevistas, reportaxes e actuacións musicais.
O programa pode verse tamén en Telemiño, Televigo, Canle Ribeira Sacra e Televisión Ferrol.

YouTube player

Deixar unha resposta